martes, 21 de mayo de 2013
lunes, 20 de mayo de 2013
FACEMOS UN POEMA E UNS DEBUXOS SOBRE OS DOCE MESES DO ANO
Os nenos e nenas de 1º curso decidimos recitar un poema sobre cada mes do ano e a súa paisaxe característica.
Cada clase do colexio tamén fixo un debuxo coa técnica que máis lle gustou (ceras, témpera, plastilina, collage,etc.) sobre un mes.
Todas as clases participaron, dendeInfantil a 6º curso.
A nós tocounos o mes de abril e escollemos un refrán sobre este mes" Abril Augas mil".
Neste vídeo podedes ver como recitamos o poema e cada un dos fermosísimos debuxos que fixeron os compañeiros e compañeiras da Gándara. Verdade que son uns artistas? Grazas a todos e a todas...
lunes, 13 de mayo de 2013
DÍA DA ÁRBORE
O 21 de marzo é o "Día da Árbore" e celebrámolo como mellor podemos facelo, plantando árbores. Entre todos pensamos todas estas razóns que temos para para plantar árbores:
Podedes ver unhas fotos deste divertido día.
As árbores limpan o ambiente ,regulan o clima e dan froitos.
- Os bosques xeran biodiversidade.
- As árbores producen madeira e biocombustible.
- Melloran a nosa calidade de vida, dan sombra, filtran os ventos e reducen a erosión.
AS CORES DAS ESTACIÓNS
Cada estación do ano ten unhas cores características. Dividimos a clase en grupos e un grupo estaba formado polos nenos e nenas que naceran en inverno, outro
cos que naceran en primavera, outro cos do outono e outro cos nacidos no verán. Cada grupo fixo puntiños de cores utilizando só aquelas que cores que caracterizaban a súa estación e na foto podedes ver o resultado.
O NOSO HERBARIO
Coas follas que trouxemos entre toda a clase fixemos un herbario onde escribimos o nome da planta de procedencia e outros datos de interés de cada folla. Algunhas das follas que gardamos estaban algo deterioradas e non puidemos utilizalas. Para o curso que vén seguiremos recollendo máis . Aquí
podedes ver as fotos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)