domingo, 25 de noviembre de 2012

AS NOSAS CAIXAS DE OUTONO


Os nenos e nenas de 1º curso fixeron unhas bonitas caixas de outono utilizando froitos desta época do ano. Pegando noces, follas, castañas, landras e outros froitos de outono a unha tapa dunha caixa de zapatos confeccionamos unhas bonitas caixas a modo de cadros. Cada quen botou a voar o seu maxín e fixo unha caixa distinta. Podemos velos nesta foto. está claro que imaxinación non lles falta.


lunes, 12 de noviembre de 2012

A PAISAXE GALEGA NA PINTURA

      


      Este curso estamos a facer un proxecto interdiciplinar sobre a pintura. Como parte deste proxecto coñecemos os cadros das paisaxes galegas máis representativas. Fixemos unha exposición e tentamos pintar coma eles, inspirándonos nas súas obras. Na exposción había paisaxes de inverno, de primavera, de verán, de interior e de costa .Todos eles eran realmente bonitos. Aquí podemos ver parte da exposición cos cadros que máis nos gustaron.


domingo, 4 de noviembre de 2012

ÁRBORES DE PLASTILINA TODO O ANO

    Como era a paisaxe o mes do teu nacemento? Que estación do ano era? Tiñan follas as árbores? Había flores? Nevaba?

    Cada quen respostou a estas preguntas reflexionando como era a paisaxe naquel momento. Despois cada un confeccionou uns cadros de plastilina con árbores. Cada neno fixo un debuxo onde aparecía unha árbore correpondente á paisaxe  do mes en que  cada quen nacera. Por exemplo, se un neno ou nena naceu no mes de xaneiro, fixo unha árbore sen follas e con folerpas de neve arredor. Se un neno naceu durante o día pois aparecerá un ceo no que é de día pero se pola contra naceu de noite o ceo terá estrelas e lúa, e así cada un puido elaborar unha paisaxe  acorde co seu día de nacemento.



miércoles, 31 de octubre de 2012

TEMPO DE CABAZAS

Outubro está chegando ao seu fin e con el veñen  as follas no chan e as cabazas. É unha paisaxe moi bonita e tamén moi divertida porque coas cabazas podemos facer moitas cousas. Hai cabaza sde todos os tipos, tamaños e formas. Cada quen trouxo a súa cabaza adornada e caracterizada como todos os anos e entre todo o colexio fixemos unha exposición. Podemos ver as nosas nestas fotos. Feliz Samaín¡

lunes, 15 de octubre de 2012

COMEMOS PIPAS DE XIRASOL


O xoves fomos   recoller a nosa colleita de pipas de xirasol que tiñamos no horto escolar. Case ninguén sabiamos que as pipas saían nunhas flores e que eran moi  grandes. Así que recollemos as pipas e comémolas. Foi moi divertido. Despois  fixemos unha fichas sobre os xirasois e fomos por grupos explicando polas clases do cole como se colleitaban as pipas. Podemos ver algunhas fotos desta experiencia.

lunes, 8 de octubre de 2012

FACEMOS FLOCOS DE MILLO

Recollemos o millo e despois nunha tixola fixemos flocos que resultaron moi saborosos. Parecía maxia  porque o millo non se parece aos flocos,  quen diría que son a mesma cousa¡
Podemos ver agora unhas fotos do evento.

martes, 2 de octubre de 2012

DEGUSTACIÓN DE FROITOS DE OUTONO

O outono está xa connosco e podemos ver na paisaxe moitos froitos típicos desta época. Fixemos unha exposición con eles e despois comémolos cos ollos pechados para saber que froito era só polo sabor. A cousa parecía moi sinxela pero non é tanto. De todos xeitos pasámolo moi ben e para outro curso repetiremos esta experiencia. Podedes ver nestas fotos como estamos a adiviñar a froita que probamos sen ver cal é.

lunes, 1 de octubre de 2012

DEGUSTACIÓN DE FROITOS DE OUTONO


     O outono é unha boa época do ano  para disfrutar de novos sabores e de froitos de moitas cores. Os nenos e nenas trouxeron diferentes  froitos e con eles fixemos unha exposición  de cores moi diversas. Escribimos os nomes de cada  froito e fixemos unha degustación. 

    Finalmente cada quen tivo que probar cos ollos pechados un  froito e adiviñar cal era. Resultou moi divertido.




viernes, 28 de septiembre de 2012

ÁRBORE CON TAPÓNS

      As nosas paisaxes caracterízanse por ter fermosas árbores. Como recoñecemento da importancia das árbores,  decidimos facer unha con elementos de reciclado. Trouxemos tapóns e fixemos esta árbore que está á entrada da porta da nosa clase. Foi unha actividade divertida. Aquí podedes ver o resultado.


jueves, 27 de septiembre de 2012

TEMPO DE VENDIMA


      O mes de setembro é un momento especial para a nosa zona. A Ribeira Sacra está sementada de viñedos que adornan cunha cor especial as nosas montañas. Os nenos e nenas da clase de Primerio de Primaria trouxeron fotografías relacionadas coa vendima, o viño e a súa elaboración. Aquí podemos ve algunhas.





lunes, 24 de septiembre de 2012

ONDE ESTAMOS?


     O noso centro chámase CEIP A Gándara e está situado en Monforte de Lemos, ao sur da provincia de Lugo. Monforte é a capitalidade  dunha preciosa zona que é coñecida como a Ribeira Sacra. Para situarnos e informarnos sobre como son as paisaxes que nos rodean, os alumnos de Primeiro curso e algúns doutros cursos trouxéronnos fotos sobre a nosa cidade e os seus arredores. Aquí podemos ver algunhas. Agradecemos a todo o alumnado do centro e as súas familias que nos enviasen estas fotos de Monforte e a súa comarca ao longo do curso. Moitísimas grazas.