miércoles, 31 de octubre de 2012

TEMPO DE CABAZAS

Outubro está chegando ao seu fin e con el veñen  as follas no chan e as cabazas. É unha paisaxe moi bonita e tamén moi divertida porque coas cabazas podemos facer moitas cousas. Hai cabaza sde todos os tipos, tamaños e formas. Cada quen trouxo a súa cabaza adornada e caracterizada como todos os anos e entre todo o colexio fixemos unha exposición. Podemos ver as nosas nestas fotos. Feliz Samaín¡

lunes, 15 de octubre de 2012

COMEMOS PIPAS DE XIRASOL


O xoves fomos   recoller a nosa colleita de pipas de xirasol que tiñamos no horto escolar. Case ninguén sabiamos que as pipas saían nunhas flores e que eran moi  grandes. Así que recollemos as pipas e comémolas. Foi moi divertido. Despois  fixemos unha fichas sobre os xirasois e fomos por grupos explicando polas clases do cole como se colleitaban as pipas. Podemos ver algunhas fotos desta experiencia.

lunes, 8 de octubre de 2012

FACEMOS FLOCOS DE MILLO

Recollemos o millo e despois nunha tixola fixemos flocos que resultaron moi saborosos. Parecía maxia  porque o millo non se parece aos flocos,  quen diría que son a mesma cousa¡
Podemos ver agora unhas fotos do evento.

martes, 2 de octubre de 2012

DEGUSTACIÓN DE FROITOS DE OUTONO

O outono está xa connosco e podemos ver na paisaxe moitos froitos típicos desta época. Fixemos unha exposición con eles e despois comémolos cos ollos pechados para saber que froito era só polo sabor. A cousa parecía moi sinxela pero non é tanto. De todos xeitos pasámolo moi ben e para outro curso repetiremos esta experiencia. Podedes ver nestas fotos como estamos a adiviñar a froita que probamos sen ver cal é.

lunes, 1 de octubre de 2012

DEGUSTACIÓN DE FROITOS DE OUTONO


     O outono é unha boa época do ano  para disfrutar de novos sabores e de froitos de moitas cores. Os nenos e nenas trouxeron diferentes  froitos e con eles fixemos unha exposición  de cores moi diversas. Escribimos os nomes de cada  froito e fixemos unha degustación. 

    Finalmente cada quen tivo que probar cos ollos pechados un  froito e adiviñar cal era. Resultou moi divertido.