As nosas paisaxes caracterízanse por ter fermosas árbores. Como recoñecemento da importancia das árbores, decidimos facer unha con elementos de reciclado. Trouxemos tapóns e fixemos esta árbore que está á entrada da porta da nosa clase. Foi unha actividade divertida. Aquí podedes ver o resultado.
viernes, 28 de septiembre de 2012
jueves, 27 de septiembre de 2012
TEMPO DE VENDIMA
O mes de setembro é un momento especial para a nosa zona. A Ribeira Sacra está sementada de viñedos que adornan cunha cor especial as nosas montañas. Os nenos e nenas da clase de Primerio de Primaria trouxeron fotografías relacionadas coa vendima, o viño e a súa elaboración. Aquí podemos ve algunhas.
lunes, 24 de septiembre de 2012
ONDE ESTAMOS?
O noso centro chámase CEIP A Gándara e está situado en Monforte de Lemos, ao sur da provincia de Lugo. Monforte é a capitalidade dunha preciosa zona que é coñecida como a Ribeira Sacra. Para situarnos e informarnos sobre como son as paisaxes que nos rodean, os alumnos de Primeiro curso e algúns doutros cursos trouxéronnos fotos sobre a nosa cidade e os seus arredores. Aquí podemos ver algunhas. Agradecemos a todo o alumnado do centro e as súas familias que nos enviasen estas fotos de Monforte e a súa comarca ao longo do curso. Moitísimas grazas.
Rogueiras from agandaralemos
Sober from agandaralemos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)