viernes, 5 de julio de 2013

QUE APRENDEMOS COA NOSA PAISAXE ?

O ESTUDO DA PAISAXE permitiunos:
Desenvolver as seguintes competencas básicas:
·         Competencia no coñecemento e interacción co mundo físico e natural.
·         Competencia social e cidadá.
·         Competencia cultural e artística.
·         Competencia para seguir aprendendo autonomamente ao longo da vida.

As aportacións educativas do estudo da paisaxe recollen  aspectos referidos ao currículo e propostas globalizadoras para crear actitudes, valores e normas de interés social e cívico.

Esta iniciativa permitiu a aprendizaxe significativa e
reforzou  A interacción social entre o alumnado.

Feliz verán

FIN DE CURSO

FIN DE CURSO

 

 Acaba o curso e antes de ir todos de vacacións fixemos unha bonita excursión pola Ribeira Sacra.

MOITA DIVERSIÓN E MOITA CALOR Pola mañá collemos o Tren Turístico Aba Sacra, onde cantamos e disfrutamos das paisaxes da Ribeira Sacra. Na visita á adega "Regina Viarium" explicáronnos como se fai o viño da Ribeira Sacra. Obsequiaronnos con pinchiños de rosca, queixo e bebida de limón. Xogamos un pouco no bonito xardín con vistas panorámicas e collemos o autobús. Xantamos nas mesas que hai en Cadeiras: empanadillas e froita.Máis xogos. Pola tarde: Ecomuseo de Arxeriz. Atendemos ás explicacións de Daniela. Houbo o xogo da búsqueda do tesouro con premios. Por último merendamos na carballeira de Escairón. Que boa estivo a merenda! Comemos: bocadillos de xamón, de chocolate, cachos de empanadillas, plátano, peladillos, galletas... Todo riquísimo. Cando chegamos estábannos esperando as nosas familias.

Podedes ver as fotos no blog da Biblioteca:

gandaralemos.blogspot.com

 
 

martes, 18 de junio de 2013

Unha imaxe para cada paisaxe

A continuación podedes ver unha montaxe fotográfica da evolución da paisaxe da Gándara ao longo de todo o ano.

lunes, 20 de mayo de 2013

FACEMOS UN POEMA E UNS DEBUXOS SOBRE OS DOCE MESES DO ANO

    Os nenos e nenas de 1º curso decidimos recitar un poema sobre cada mes do ano e a súa paisaxe característica. 
     Cada clase do colexio tamén fixo un  debuxo coa técnica que máis lle gustou (ceras, témpera, plastilina, collage,etc.) sobre un mes. 
Todas as clases participaron, dendeInfantil a 6º curso.  
A nós tocounos o mes de abril e escollemos un refrán sobre este mes" Abril Augas mil". 
Neste vídeo podedes ver como recitamos o poema e cada un dos fermosísimos debuxos que fixeron os compañeiros e compañeiras da Gándara. Verdade que son uns artistas? Grazas a todos e a todas...

lunes, 13 de mayo de 2013

DÍA  DA  ÁRBORE

O 21 de marzo é o "Día da Árbore"  e celebrámolo como mellor podemos facelo, plantando árbores. Entre todos pensamos todas estas razóns que temos para  para plantar árbores:
Podedes ver unhas fotos deste divertido día.



As árbores limpan o ambiente ,regulan o clima e dan froitos.
  1. Os bosques xeran biodiversidade.
  2. As árbores producen  madeira e biocombustible.
  3. Melloran a nosa calidade de vida, dan sombra, filtran os ventos e reducen a erosión.
 
PLANTAMOS PHOTINEAS
Hai uns meses plantamos photineas e agora podedes ver na foto que bonitas quedaron.


AS CORES DAS ESTACIÓNS
Cada  estación do ano ten unhas cores características. Dividimos a clase en grupos e  un grupo estaba  formado polos nenos e nenas que naceran en inverno, outro
cos que naceran en primavera, outro cos do  outono e outro cos  nacidos no verán. Cada grupo fixo puntiños de cores utilizando só aquelas que cores que caracterizaban a súa  estación e na foto podedes ver o resultado.
O  NOSO  HERBARIO 
Coas follas que trouxemos entre toda a clase fixemos un herbario onde escribimos o nome da planta de procedencia e outros datos de interés de cada folla. Algunhas das follas que gardamos estaban algo deterioradas  e non puidemos utilizalas. Para o curso que vén seguiremos recollendo máis . Aquí


















podedes  ver as fotos.

viernes, 10 de mayo de 2013

OS NENOS E NENAS DE 1º CURSO SON AMIGOS  DAS ÁRBORES
Cada un eliciu unha árbore preferida ou máis  e fixo fotos en distintas épocas do ano. Aquí temos algunhas.

















domingo, 25 de noviembre de 2012

AS NOSAS CAIXAS DE OUTONO


Os nenos e nenas de 1º curso fixeron unhas bonitas caixas de outono utilizando froitos desta época do ano. Pegando noces, follas, castañas, landras e outros froitos de outono a unha tapa dunha caixa de zapatos confeccionamos unhas bonitas caixas a modo de cadros. Cada quen botou a voar o seu maxín e fixo unha caixa distinta. Podemos velos nesta foto. está claro que imaxinación non lles falta.


lunes, 12 de noviembre de 2012

A PAISAXE GALEGA NA PINTURA

      


      Este curso estamos a facer un proxecto interdiciplinar sobre a pintura. Como parte deste proxecto coñecemos os cadros das paisaxes galegas máis representativas. Fixemos unha exposición e tentamos pintar coma eles, inspirándonos nas súas obras. Na exposción había paisaxes de inverno, de primavera, de verán, de interior e de costa .Todos eles eran realmente bonitos. Aquí podemos ver parte da exposición cos cadros que máis nos gustaron.


domingo, 4 de noviembre de 2012

ÁRBORES DE PLASTILINA TODO O ANO

    Como era a paisaxe o mes do teu nacemento? Que estación do ano era? Tiñan follas as árbores? Había flores? Nevaba?

    Cada quen respostou a estas preguntas reflexionando como era a paisaxe naquel momento. Despois cada un confeccionou uns cadros de plastilina con árbores. Cada neno fixo un debuxo onde aparecía unha árbore correpondente á paisaxe  do mes en que  cada quen nacera. Por exemplo, se un neno ou nena naceu no mes de xaneiro, fixo unha árbore sen follas e con folerpas de neve arredor. Se un neno naceu durante o día pois aparecerá un ceo no que é de día pero se pola contra naceu de noite o ceo terá estrelas e lúa, e así cada un puido elaborar unha paisaxe  acorde co seu día de nacemento.



miércoles, 31 de octubre de 2012

TEMPO DE CABAZAS

Outubro está chegando ao seu fin e con el veñen  as follas no chan e as cabazas. É unha paisaxe moi bonita e tamén moi divertida porque coas cabazas podemos facer moitas cousas. Hai cabaza sde todos os tipos, tamaños e formas. Cada quen trouxo a súa cabaza adornada e caracterizada como todos os anos e entre todo o colexio fixemos unha exposición. Podemos ver as nosas nestas fotos. Feliz Samaín¡

lunes, 15 de octubre de 2012

COMEMOS PIPAS DE XIRASOL


O xoves fomos   recoller a nosa colleita de pipas de xirasol que tiñamos no horto escolar. Case ninguén sabiamos que as pipas saían nunhas flores e que eran moi  grandes. Así que recollemos as pipas e comémolas. Foi moi divertido. Despois  fixemos unha fichas sobre os xirasois e fomos por grupos explicando polas clases do cole como se colleitaban as pipas. Podemos ver algunhas fotos desta experiencia.

lunes, 8 de octubre de 2012

FACEMOS FLOCOS DE MILLO

Recollemos o millo e despois nunha tixola fixemos flocos que resultaron moi saborosos. Parecía maxia  porque o millo non se parece aos flocos,  quen diría que son a mesma cousa¡
Podemos ver agora unhas fotos do evento.

martes, 2 de octubre de 2012

DEGUSTACIÓN DE FROITOS DE OUTONO

O outono está xa connosco e podemos ver na paisaxe moitos froitos típicos desta época. Fixemos unha exposición con eles e despois comémolos cos ollos pechados para saber que froito era só polo sabor. A cousa parecía moi sinxela pero non é tanto. De todos xeitos pasámolo moi ben e para outro curso repetiremos esta experiencia. Podedes ver nestas fotos como estamos a adiviñar a froita que probamos sen ver cal é.

lunes, 1 de octubre de 2012

DEGUSTACIÓN DE FROITOS DE OUTONO


     O outono é unha boa época do ano  para disfrutar de novos sabores e de froitos de moitas cores. Os nenos e nenas trouxeron diferentes  froitos e con eles fixemos unha exposición  de cores moi diversas. Escribimos os nomes de cada  froito e fixemos unha degustación. 

    Finalmente cada quen tivo que probar cos ollos pechados un  froito e adiviñar cal era. Resultou moi divertido.




viernes, 28 de septiembre de 2012

ÁRBORE CON TAPÓNS

      As nosas paisaxes caracterízanse por ter fermosas árbores. Como recoñecemento da importancia das árbores,  decidimos facer unha con elementos de reciclado. Trouxemos tapóns e fixemos esta árbore que está á entrada da porta da nosa clase. Foi unha actividade divertida. Aquí podedes ver o resultado.


jueves, 27 de septiembre de 2012

TEMPO DE VENDIMA


      O mes de setembro é un momento especial para a nosa zona. A Ribeira Sacra está sementada de viñedos que adornan cunha cor especial as nosas montañas. Os nenos e nenas da clase de Primerio de Primaria trouxeron fotografías relacionadas coa vendima, o viño e a súa elaboración. Aquí podemos ve algunhas.





lunes, 24 de septiembre de 2012

ONDE ESTAMOS?


     O noso centro chámase CEIP A Gándara e está situado en Monforte de Lemos, ao sur da provincia de Lugo. Monforte é a capitalidade  dunha preciosa zona que é coñecida como a Ribeira Sacra. Para situarnos e informarnos sobre como son as paisaxes que nos rodean, os alumnos de Primeiro curso e algúns doutros cursos trouxéronnos fotos sobre a nosa cidade e os seus arredores. Aquí podemos ver algunhas. Agradecemos a todo o alumnado do centro e as súas familias que nos enviasen estas fotos de Monforte e a súa comarca ao longo do curso. Moitísimas grazas.