domingo, 25 de noviembre de 2012

AS NOSAS CAIXAS DE OUTONO


Os nenos e nenas de 1º curso fixeron unhas bonitas caixas de outono utilizando froitos desta época do ano. Pegando noces, follas, castañas, landras e outros froitos de outono a unha tapa dunha caixa de zapatos confeccionamos unhas bonitas caixas a modo de cadros. Cada quen botou a voar o seu maxín e fixo unha caixa distinta. Podemos velos nesta foto. está claro que imaxinación non lles falta.


lunes, 12 de noviembre de 2012

A PAISAXE GALEGA NA PINTURA

      


      Este curso estamos a facer un proxecto interdiciplinar sobre a pintura. Como parte deste proxecto coñecemos os cadros das paisaxes galegas máis representativas. Fixemos unha exposición e tentamos pintar coma eles, inspirándonos nas súas obras. Na exposción había paisaxes de inverno, de primavera, de verán, de interior e de costa .Todos eles eran realmente bonitos. Aquí podemos ver parte da exposición cos cadros que máis nos gustaron.


domingo, 4 de noviembre de 2012

ÁRBORES DE PLASTILINA TODO O ANO

    Como era a paisaxe o mes do teu nacemento? Que estación do ano era? Tiñan follas as árbores? Había flores? Nevaba?

    Cada quen respostou a estas preguntas reflexionando como era a paisaxe naquel momento. Despois cada un confeccionou uns cadros de plastilina con árbores. Cada neno fixo un debuxo onde aparecía unha árbore correpondente á paisaxe  do mes en que  cada quen nacera. Por exemplo, se un neno ou nena naceu no mes de xaneiro, fixo unha árbore sen follas e con folerpas de neve arredor. Se un neno naceu durante o día pois aparecerá un ceo no que é de día pero se pola contra naceu de noite o ceo terá estrelas e lúa, e así cada un puido elaborar unha paisaxe  acorde co seu día de nacemento.